Visualizacións de páxina totais

luns, 5 de xuño de 2017

Ciencias Sociais tema 6:"O diñeiro e o consumo"


1. O DIÑEIRO:
O diñeiro ten o valor dos obxectos que compramos con él. Así unha gominola pode ter 

un valor de 5 céntimos e un ordenador un valor de 500 euros...
Como aparece o diñeiro?
O diñeiro é un ben aceptado como medio de pago polos axentes económicos 

(familia, Estado e empresa) para os seus intercambios.
Para que serve o diñeiro?
O diñeiro indícanos  o  valor das cousas, serve para comprar cousas e pódese aforrar. 
2. QUE É O CONSUMO?
Moita veces pensamos que o simple feito de comprar, comprar e comprar fai que 

sexamos máis felices. A miúdo confundimos a felicidade co consumo.
Necesítoo ou quéroo?
Consumimos para cubrir as nosas necesidades primarias, para mellorar a nosa 

comodida ou benestar ,ou para adquirir un prestixio.

3. O GASTO E O AFORRO:
En algúns momentos  das nosas vidas, debemos facer fronte a determinados gastos cos 

que non contabamos. É nestes momentos cando temos que rompelo peto e axudarnos 

deses cartos para facer fronte a esos gastos inesperados.

En que gastamos o diñeiro?
Libro de texto SM
Mensualmente, semanalmente ou incluso diariamente, entran no fogar unha serie de 

ingresos, resultado do noso traballo. Faise necesario  elaborar un  presuposto para 

poder "chegar a fin de mes"  sen endebedarse. Para iso temos que ter en conta 

os tipos de gastos : fixos,  variables ou nesperados.
Que fago co que non gasto?
É preciso aforrar para poder facer fronte  a esos gastos inesperados que nos poden 

xurdir en calquera momento. O tipo de aforro pode ser doméstico ou bancario.
4. AS EMPRESAS:
Según o número de traballadores as empresas poden ser pequenas (PEME) 

ou grandes.

Como é unha empresa?
Unha empresa é unha identidade creada para obter beneficios económicos mediante a 

produción de bens e servicios. As empresas poden ser pequenas e  medianas (PEME) 

ou grandes.

-  A responsabilidade social das empresas:
as empresas adquiren unha serie de responsabilidades ca sociedade, o medio 

ambiente, cos empleados, cos seus clientes...
-  Como se organiza unha empresa?
Libro de texto SM
5.A PUBLICIDADE:
É necesario interpretar a publicidade para poder mercar de maneira obxectiva.

- A publicidade comercial:
Para que o consumidor coñeza os produtos e os compre, as empresas recurren á

publicidade comercial. Para publicitarse empregan diferentes soportes: televisión, 

radio, prensa...



Ningún comentario:

Publicar un comentario