FOGAR DE SANTA MARGARIDA:
CAMPIÓN DO CLUB DE DEBATE LOCAL 2016
"Hoxe a familia do Fogar está de noraboa, pois os nosos representantes no Club de
debate 2016 veñen de se proclamaren campións da fase local no certame celebrado
onte no Centro Ágora. Nesta edición, na que se debateu sobre a conveniencia ou
non de educarmos os nenos sen os levarmos á escola, os nosos alumnos de 4º da
ESO demostraron que o traballo ten a súa recompensa. E é que esta vitoria é froito
de moitas horas de investigación, de ensaios e, en definitiva, de esforzo por parte
dun grupo de rapaces e rapazas cos que é un auténtico pracer compartir o día a día
no Centro.
Diego Pampín Gil, Cristina Mouriño Domínguez, Alberto Gil Besada, Alba
Boedo Méndez, Icía Varela Gómez, Sara Sánchez Varela, Nerea Castiñeira Rial,
Lucía Sánchez Abad, Antía Otero Balastegui, María Señarís Pose, desde a
Biblioteca só vos queremos dicir: parabéns! Non só pola vitoria de onte, senón
simplemente por ser como sodes.
E parabéns, moi merecidos tamén, para vós, Carolina e Xosé Manuel, por
agasallar a este fantástico grupo de rapaces co voso cariño e o voso tempo"