Visualizacións de páxina totais

martes, 8 de marzo de 2016

FOGAR DE SANTA MARGARIDA: 

CAMPIÓN DO CLUB DE DEBATE LOCAL 2016

"Hoxe a familia do Fogar está de noraboa, pois os nosos representantes no Club de 

debate 2016 veñen de se proclamaren campións da fase local no certame celebrado 

onte no Centro Ágora. Nesta edición, na que se debateu sobre a conveniencia ou 

non de educarmos os nenos sen os levarmos á escola, os nosos alumnos de 4º da 

ESO demostraron que o traballo ten a súa recompensa. E é que esta vitoria é froito 

de moitas horas de investigación, de ensaios e, en definitiva, de esforzo por parte 

dun grupo de rapaces e rapazas cos que é un auténtico pracer compartir o día a día 

no Centro. 



Diego Pampín Gil, Cristina Mouriño Domínguez, Alberto Gil Besada, Alba 

Boedo Méndez, Icía Varela Gómez, Sara Sánchez Varela, Nerea Castiñeira Rial, 

Lucía Sánchez Abad, Antía Otero Balastegui, María Señarís Pose, desde a 

Biblioteca só vos queremos dicir: parabéns! Non só pola vitoria de onte, senón 

simplemente por ser como sodes.

E parabéns, moi merecidos tamén, para vós, Carolina e Xosé Manuel, por 

agasallar este fantástico grupo de rapaces co voso cariño e o voso tempo"

(Entrada feita polo FOGARDOSLIBROS )
http://ofogardoslibros.blogspot.com.es


Ningún comentario:

Publicar un comentario