Dende a noite dos tempos, os nosos devanceiros celebraban a fin do ano vello e do tempo das colleitas e o comezo da época do inverno. Esta festividade do Samaín ( etimolóxicamente do gaélico irlandés Samahin) era o momento do ano no que se unían os mundos das ánimas e dos vivos e no que era preciso protexerse co lume sagrado das lareiras e as candeas que alumeaban as cabazas, noutrora caveiras dos inimigos derrotados en batalla, e que se colocaban á entrada das casas como advertencia para espectrais visitantes con escuras intencións.
Esta milenaria tradición, cristianizada séculos despois como "Todos os Santos", e levada ao continente americano polos emigrantes irlandeses e escoceses durante o século XIX e onde se popularizou como "All Hallow`s Eve" (= víspera de Todos os Santos) ou Halloween, segue a estar moi presente nas nosas vidas e seguimos a celebrala con esa especial sensación que provoca a conexión entre o mundo dos mortos e o mundo dos vivos.
Non esquezas bailar cos nosos amigos de Brinca Vai (VIDEO)
SAMAÍN - A Orixe da Festa de HALLOWEEN (VIDEO)