Visualizacións de páxina totais

luns, 31 de outubro de 2016

Tenebrosa Noite de Samaín.




Dende a noite dos tempos, os nosos devanceiros celebraban a fin do ano vello e do tempo das colleitas e o comezo da época do inverno. Esta festividade do Samaín ( etimolóxicamente do gaélico irlandés Samahin) era o momento do ano no que se unían os mundos das ánimas e dos vivos e no que era preciso protexerse co lume sagrado das lareiras e as candeas que alumeaban as cabazas, noutrora caveiras dos inimigos derrotados en batalla, e que se colocaban á entrada das casas como advertencia para espectrais visitantes con escuras intencións.

Esta milenaria tradición, cristianizada séculos despois como "Todos os Santos", e levada ao continente americano polos emigrantes irlandeses e escoceses  durante o século XIX e onde se popularizou como "All Hallow`s Eve" (= víspera de Todos os Santos) ou Halloween, segue a estar moi presente nas nosas vidas e seguimos a celebrala con esa especial sensación que provoca a conexión entre o mundo dos mortos e o mundo dos vivos.
  
Feliz Noite de Samaín!



Non esquezas bailar cos nosos amigos de Brinca Vai (VIDEO)




SAMAÍN - A Orixe da Festa de HALLOWEEN (VIDEO) 





Ningún comentario:

Publicar un comentario